domingo, 10 de octubre de 2010

Contrastes

E certo que a historia das cidades está marcada pola vida dos seus habitantes e, moi especialmente, por aquelas que estiveron á fronte delas. Hoxe estou en Oviedo. Para chegar ata aquí tiven que atravesar boa parte de Galiciam dende Vigo ata Ribadeo. E as paisaxes que fun deixando atrças indican con claridade o diferente grao de agarimo cara a terra por parte dos seus moradores e, moi especialmente, o xeito de entedelo territorio por parte dos adminbistradores, especialmente, os muncipais. Non cabe dúbida que as paisaxes de Asturias son diferentes ás galegas. Sono tanto por mor de razóns estrictamente naturais (rocha, relevo, solo ou clima) máis fundamentalmente polo diferente grao de coidado duns e outros. Mentres en Galicia domina o desorde, marcado por vivendas con engadidos que nada teñen que ver coas construccións orixinais, o descuido a carón das vivendas, o lixo presente en todos os camiños, en Asturias, os asturianos, amosan comportamentos diferentes. Por algo será. Por iso, polo ser dos asturianos o dos administradores, pasear por Oviedo convírtese nun prazer: prazas, xardíns, ruas... coidadas, vivendas rehabilitadas.... A ben seguro que existen bairros degradados ou zonas diferentes do centro histórico pero, a primeira visión non pode menos que agradar.
Non cabe dúbida de que as cidades galegas foron melllorando nos últimos 20 anos mais.. queda moito por facer e, fora das cidades, moitísimo. ¡¡Cando se decatarán os cidadáns que as paisaxes de Galicia son un dos principais recursos e, por iso, hai que coidar, protexer, mellorar...¡

No hay comentarios: