jueves, 1 de febrero de 2007

Agora a procesión pasa por Ponzos

No Hemisferio Austral, na Tierra de Fuego, na cidade de Ushuaia, un lugar dende o que acceder a áreas de enorme valor paisaxístico e natural, veño de saber polos xornais, da proposta do goberno galego de permitir a instalación dunha nova granxa mariña en Ponzos en Ferrol.
Coñezo ben a zona por que en Ferrol pasei moitos anos da miña vida e porque Ponzos foi unha das áreas estudadas por persoas do meu grupo de investigación. Trátase dunha área dunha enorme beleza xa ameazada no seu intre por un proxecto de concentración parcelaria que nada tiña que ver coas actividades agrarias e moito cos intereses especulativos. É un areal amplo, lixeiramente curvado, adosado a un alto cantil labrado no rochedo e, cousa importante, nos depósitos sedimentarios acumulados durante o derradeiro período frío.
Se ben é certo que na área houbo unha explotación mineira de ouro, nono é menos que se trata dun paraxe dun grande valor natural, paisaxístico e xeomofolóxico; neste caso tanto polo interese dos cantís de Ponzos como polos do Casal ou dos Montes das Lagoas que está un pouco máis o norte e, por suposto, polos sedimentos que non so son “terra” senón un verdadeiro arquívo paleoclimático e paleoambiental.. Por suposto a todo o anterior hai que engadirlle que é un dos areais máis visitados polos ferroláns, xunto con Sartaña ou Santa Comba, situados máis ao sur. Temos pois que os valores paisaxísticos/xeomorfoloxícos/paleoambientais, hai que engadirlle o valor social da área.
De novo estamos ante o resultado da falla dun plan director ou de ordenación do litoral. O goberno galego está de procesión dun lugar a outro en vez de parar, analizar detidamente a costa e decidir en que lugares, nos que as condicións o permitan, se poderían empreñar para as granxas. Hoxe non é tan complicado facelo. Teledetección, fotografía aérea e, por suposto, traballo de campo de biólogos, xeólogos, xeógrafos… Nuns meses, se se quere, podería estar lista un SIX no que apareceran reflectidas as diferentes capas de información referentes a todas e cada unha das variábeis e unha proposta daqueles lugares no que os impactos –que sempre os hai como en calquera actividade humana- é menor.
Coido que o tema non é tan complicado. ¿Ou si?.

1 comentario:

Juankar dijo...

Ben, sen dúbida, non sería tan difícil para os científicos galegos facer un SIX como fundamento para a ordenación do territorio. A ordenación é economía, rendibilidade, benestar, conservación, política correcta e tantas cousas máis que os nosos políticos non entenden nin queren entender. Aquí, na nosa terra, que é tan nosa como de algúns políticos que se dicen "os únicos que queren a Galiza", calquera político pode sacar unha polémica nos xornais e facer presión ata que os políticos ceden. O peor é que isto se está a converter en algo habitual, nunha actuación da camorra empresarial que sempre acada o que busca, e tantas veces ocorre, tantas veces perdemos un anaco dos nosos valores territoriais. Co territorio non se negocia, se actúa correctamente, perxudique a quen perxudique. En Ferrol, algúns partidos políticos que levaban moitos anos poñendo como bandeira política local a ecoloxía, se comportan agora coma partidos máis dereitas, apoiando regasificadoras, plataformas loxísticas e outros impactos innecesarios. Agora se ven apoiados polos seus correlixionarios no goberno autónomos, que se venden ás presións do capital ¿galego?.
Prego que a política volva a ser para os cidadáns e non un tira e afloxa entre a clase gobernante e a clase empresarial. Lembremos que somos o sustento de ambos e que estamos sendo seriamente perxudicados.