A verdade é que non é fácil porse diante dunha páxina en branco para lanzar pola rede as ideas cun ten sobre diferentes temas, de xeito especial sobre aqueles que fan referencia ao territorio ou ao medio ambiente. Sen embargo coido que esta é unha boa ferramente para presentar ideas e debatilas con persoas que, a ben seguro, están preocupadas coma min polo camiño que está a seguir o noso planeta en xeral e Galicia, ise rincón do noroeste penínsular, en particular.
Teño a impresión que o tema ambiental non é algo prioritario na actualidade pesie a que nos xornais están a aparecer a cotío novas sobre temas ambientais e máis neste ano de incendios e choivas. Pode que estea equivocado mais cando vexo algunhas posturas fronte aos diferentes problemas reafirmome na miña idea. Idea que, por suposto, estou disposto a modificar se se me amosa o contrario.
Dias atrás estivemos a sofrir en Galicia intensas choivas que traixeron consigo a destrucción de vivendas e, incluso, de vidas humanas. E a primeira cousa que me chamou a atención foi o feito de que nos xornais se falase de "catástrofe natural". ¿Ulo o natural da catástrofe?. ¿Acaso é unha catástrofe o feito de que auga vaia polo seu rego; que esbare polas abas seguindo as valgadas?. O refrán galego é moi claro: as augas sempre voltan ao rego. É lóxico. Non estamos pois ante unha catástrofe natural; estamos ante unha catástrofe antrópica, xerada por unha mala planificación do territorio na que, necesariamente, ten que haber un responsable. ¿Ou máis dun?. Porque quenes redactaron o plano xeral de ordenación posiblemente consideraran urbanizable unha área de risco. Se non o fixeron deberían ser responsables por non facelo. Pero cada axuntamento debeu aprobar o plano xeral nun pleno. ¿Ou non?. E, evidentemente, a Xunta de Galicia darlle o visto bo, ¿ou non?.
Non sei quen é o responsable de maior entidade mais, ten que habelo. E ata agora eu non escoitei a ninguén pedir responsabilidades por ter dado licenzas de obras para a construcción de edificios en lugares de risco. Escoitei, iso si, a necesidade de declarar zona catástrofica a diferentes localidades e a demanda dos afectados -lóxica- para que lle repoñan o seus bens. Ante isto, ¿non debería facerse responsable, aquela administración que diu a licencia?.
A progresiva urbanización do territorio galego fíxose sen ter en conta a dinámica de cada parcela de terreo. Ocuparonse as ribeiras do ríos; destruironse areais; construironse paseos marítimos... en nome do mal chamado progreso. No caso da costa mesmo se disfrazou de "actuación medioabiental" a construcción de paseos a carón do litoral. Dominou -e teño a impresión de que segue a dominar- unha visión urbana do territorio; o desexo de convertir o litoral nunha grande rua ao que achegarse sen medo a manchar os pes, como se a natureza necesitara de ruas empedradas ou asfaltadas.
Falla a visión dinámica, sistémica, do territorio que teña en conta todos os factores que entran en xogo, tanto naturais como antrópicos. E así nos vai.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Perfecto e, ante todo isto, ¿como responde a comunidade científica galega?. Responde a isto como a unha moda,con pseudociencia alarmista que o único que pretende é chorar para logo mamar unha chea de millóns en proxectos para investigar polo camiño equivocado os problemas medioambientais de Galicia. Se unha praia perde area*(anexo ó final), Cambio Climático; se chove un pouco máis, Cambio Climático; se chove un pouco menos, Cambio Climático; riadas polos incendios, Cambio Climático. Coma o disiclín, serve para todo. E estes científicos de pacotilla son a voz da nosa comunidade universitaria e saen no seu nome a dicir parvadas, malrepresentándonos diante da sociedade. Claro, ós políticos isto lles vai moi ben, porque eles non son responsables directos do Cambio Climático, e poden lavarse as maus; mentres si son culpables dos problemas medioambientais de Galicia. Penso que o do cambio climático lles ven moi ben para desviar a atención sobre a súa verdadeira responsabilidade no actual estado do medio galego.
*noticia no Diario de Ferrol do 25 de outubro de 2006: "La Dirección General de Costas no prevé para antes del año 2008 la ejecución del proyecto con el que se pretende hacer frente a los efectos del cambio climático en la playa de A Magdalena de Cabanas. El dragado de la desembocadura del río Eume y la aportación de áridos son las obras previstas".
Publicar un comentario